Skip to Content

Filosofía

O MOUCHO VOA. FILOSOFÍA EN 25 CONVERSAS

 

Miguel Vázquez Freire durante a súa disertación sobre o libro O moucho voa

Miguel Vázquez Freire durante a súa disertación sobre o libro O moucho voa

O día 8 de maio tivemos a oportunidade de charlar có profesor e escritor Miguel Vázquez Freire, quen o  ano pasado publicou o libro O moucho voa. Filosofía en 25 conversas. Con este libro o autor introdúcenos de xeito ameno e desenfadado nas principais cuestións que definen algunhas das grandes ramas da Filosofía: a ontoloxía, a epistemoloxia, a ética e a política.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Filosofía e dirixida a todo o alumnado de 1º de Bacharelato.  É importante reseñar que o alumnado asistente amosou un grande interese polas cuestións alí tratadas e participou do diálogo.

Proxección da película Matria

Cartel da película Matria

O martes 2 de maio o alumnado de 3º, 4º da ESO e de 1º de Bacharelato asistiu á proxección da premiada película Matria nos Cines Xunqueira de Cee. Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Lingua Galega e de Filosofía.

Actividade de Educar en Xustiza

O grupo de alumnado na entrada dos Xulgados de Fontiñas

O 13 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato da materia Ética e Filosofía do Dereito, acompañado pola súa profesora Celeste Cancela, asistiu a un xuízo no Xulgado do Penal n.º 2 de Santiago de Compostela. 

Esta actividade permitiulles presenciar un xuízo sobre un delito de insolvencia punible. A xuíza e a fiscal do xuízo explicáronlles algunhas cuestións relacionadas co funcionamento do noso sistema xudicial. Esta actividade forma parte do programa “Educar en Xustiza” promovido pola Oficina de Comunicación del Consejo General del Poder Judicial.

O obxectivo deste programa é que os estudantes adquiran un coñecemento suficiente sobre o funcionamento do sistema de xustiza en España.

 

Obra de teatro: Crónicas clásicas

Obra de teatro: Crónicas clásicas

O alumnado de Linguas Clásicas e de Filosofía do noso centro tivo a oportunidade de asistir ao espectáculo teatral Crónicas Clásicas de Vicus Teatro.

Os actores Lois Blanco e Pablo Carreira trasladáronnos á Antiga Grecia para amosarnos os inicios do teatro grego e das comedias de Aristófanes. Este dúo, desde o primeiro minuto, conseguiu que o público formara parte da representación como se fora unha personaxe máis.

As Sophias

Actividade As Sophias

 

Cantas pensadoras forman parte dos currículos oficiais da materia de Filosofía? Até o momento, ningunha. Non é que non existan, é que foron esquecidas. Para cubrir este oco nace a webserie Sophias, sobre mulleres e Filosofía, da que nos falou Carme Adán, que está á fronte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Adán, tamén ela profesora de Filosofía, estivo este mércores, 29 de marzo, no IES Fernando Blanco, para presentarlles o proxecto ao alumnado de primeiro e segundo curso de Bacharelato.

A través do pensamento de autoras como Hanna Arendt, Judith Butler, Simone de Beavoir, Simone Weil ou a galega María Xosé Agra, Carme Adán falou de conceptos como liberdade, igualdade, poder, violencia ou xénero. Porque, como explicou, contar coas filósofas non é cuestión só de visibilizar senón tamén de repensar conceptos clave da historia do pensamento. O alumnado tivo oportunidade, ademais, de visionar algún dos capítulos da serie, que están á disposición do público nesta ligazón.

Charla sobre astronomía filosófica

 

Martes 22 de marzo o Salón de Actos do noso centro acolleu a charla sobre Astronomía filosófica, que correu a cargo de Víctor Tilve Rúa, profesor de matemáticas e astrónomo.

Víctor falou sobre a súa experiencia no Observatorio Astrofísico de Javalambre, en Teruel, no contexto da evolución da astronomía e as súas relacións coa filosofía dende a antigüidade ata os nosos días.

Víctor Tilve

Charla: Cine e argumentación

 

O venres 17 de decembro, ás 12:20, desenvolverase no salón de acto do IES Fernando Blanco unha charla organizada polo departamento de Filosofía baixo o título de Cine e argumentación, a cargo de Javier Vilanova Arias, profesor da Facultade de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid.
 
O profesor Vilanova descóbrenos as entrañas da Teoría da argumentación a través do clásico do cine Doce homes sen piedade, de Sidney Lumet.
 
Emulando ao Henry Fonda da película, intentará amosar ao alumnado de 1º de bacharelato como pasamos a maior parte da nosa vida argumentando, é dicir, empregando razoamentos encamiñados a convencer a alguén da verdade ou falsidade de algo. Mediante a análise do filme, irá descubríndonos os mecanismos ocultos que fan funcionar eses razoamentos, e por que hai argumentos bos e argumentos malos, por que uns nos parecen lóxicos mentres que a outros os consideramos falacias enganosas. Na cinta de Lumet, destas distincións dependerá a vida dun rapaz condenado por asasinato; Vilanova demostraranos que non é Henry Fonda quen o pode salvar, senón unha disciplina filosófica que naceu precisamente tralo estreo da película, a apaixonante Lóxica informal.
Distribuir contido


by Dr. Radut