O camión de HDTV-tour da empresa Televes, dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos para a distribución de servizos de telecomunicacións na infraestrutura dos edificios e fogares, visitou o IES Fernando Blanco o venres 17 de febreiro.
O HDTV-tour é unha iniciativa de Televes para acercar a televisión do futuro aos técnicos, distribuidores e profesionais do sector. Con este fin, a compañía preparou unha unidad móbil dotada de equipos de última xeración para levar o sinal da televisión de alta definición por toda Europa.
O noso alumnado do Ciclo de Grao Medio de Instalacións eléctricas e automáticas visitaron as instalacións e recibiron un curso moi completo con contidos teóricos e prácticos sobre as últimas novidades das instalacións contempladas no Regulamento de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións ICT2.
Máis información en HDTV-Tour