O IES Fernando Blanco como centro educativo persegue entre os seus obxectivos dinamizar a relación coas empresas e organizacións da nosa contorna, para iso buscamos novas formas de colaboración co tecido empresarial e de dinamización da contorna socio-económica para así poder xerar un valor engadido tanto ao noso alumnado como ás propias empresas. A coordinación da formación en centros de traballo xestiona unha bolsa de emprego que pretende funcionar como eixe de unión entre as empresas e o alumnado do centro.
Calquera empresa que teña unha oferta de emprego e estea interesada en alumnado do noso centro pode poñerse en contacto con nós mediante vía telefónica, email ou a través do formulario de ofertas de emprego (formulario emprego).
Recibido o formulario realizamos unha preselección de candidatos/as segundo o perfil solicitado na devandita oferta e poñémonos en contacto coa empresa.