O pasado 17 de outubro o alumnado dos ciclos de Soldadura e caldeiraría e Mantemento electromecánico visitaron as instalacións das empresas Glaücor Ingeniería (Ponteceso) e Fresno Metal - Grupo Malasa (Cerceda).
![Instalacións de Fresno Metal 1 Instalacións de Fresno Metal 1](/centros/iesfernandoblanco/system/files/u2/1666102073567.jpg)
Glaücor Ingeniería adícase a fabricación e instalación de máquinas industriais automatizadas. Fresno Metal centra o seu labor na fabricación de elementos metálicos de mobiliario para as grandes multinacionais.
![Instalacións de Fresno Metal 2 Instalacións de Fresno Metal 2](/centros/iesfernandoblanco/system/files/u2/1666102073591.jpg)
Con esta visita afiánzase a mutua colaboración entre o IES Fernando Blanco e o tecido empresarial da zona.