Skip to Content

BECAS DE ESTUDO 2023/2024

Desde o 27 de marzo e ata o 17 de maio podes presentar a túa solicitude de beca para o curso 2023/24 sempre que queiras continuar os teus estudos, independentemente do que esteas estudando actualmente.

Máis información facendo clic na imaxe:

Fai clic para máis información

 

INFORMACIÓN RECURSO DE REPOSICIÓN

O IES Fernando Blanco en FP Innova 2023

O IES Fernando Blanco estará presente no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023) que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago. 

Esta presenza é a través do departamento de Instalación e mantemento que expoñerá en dous stands (os nº 20 e 21) dous dos proxectos que resultaron premiados en edicións de FP innova nos últimos anos.

Os proxectos expostos son, no stand 20 Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira e no stand 21 Adestrador de elevador operado por sistema periférico.

Os stands estarán atendidos polos docentes Bibiana Bértoa e Diego Carril e tamén polo alumnado de 2º do CM Mantemento electromecánico, quen farán demostracións do seu funcionamento e explicarán as características dos proxectos aos visitantes.

Cómpre salientar que o mércores 22 visitarán FP Innova 2023 alumnado doutros ciclos do IES Fernando Blanco.

Álbum: Web -> Exposición FP Innova 22, 23 e 24 marzo 2023

Novos horarios na liña de bus de Fisterra a Camariñas

A partir do xoves 23 de febreiro de 2023 o alumnado de Muxía que estuda bacharelato ou ciclos de FP no IES Fernando Blanco contarán cun autobús que sairá da estación de autobuses de Cee ás 14:30 horas, ademais os luns pola tarde haberá un bus que sairá da estación de autobuses de Cee ás 18:30 horas.

Novos horarios liña Fisterra-Camariñas

 

Carreira campo a través Xogade

Alumnado do Fernando Blanco

Reparto de dorsais 1

Este mércores 25 de xaneiro, tivo lugar a carreira campo a través da comarca Costa-Fisterra no circuíto do Refoxo (Cee) coas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta carreira está incluída no programa Xogade.

Na mesma participou parte do alumnado do IES Fernando Blanco dos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.

Reparto de dorsais 2

 

Visita a exposición en Afundación na Coruña

O alumnado de 1º de bacharelato que cursa Economía, acompañado dos seus docentes Sofía Cendán e Paulo Calvo visitaron o 20 de xaneiro na sede de Afundación da Coruña a exposición AI: More than human.

Álbum: Web -> AI: More than human

Traballos do alumnado de Debuxo Artístico

 

Podedes acceder ás galerías dos traballos feitos polo alumnado de Debuxo Artístico na pestana do Departamento de Artes Plásticas ou facendo clic no seguinte link:

TRABALLOS DEBUXO ARTÍSTICO

Remate do prazo de matrícula na Educación para persoas adultas (E.P.A.)

Lembramos que o próximo martes 17 de xaneiro remata o prazo de matrícula nos módulos 2 e 4 da ESA.

Do 9 ao 17 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do curso 2022-2023, para as ensinanzas do módulo 2 (2º da ESO) e módulo 4 (4º da ESO).

Lembramos, así mesmo, que no caso das Ensinanzas Básicas Iniciais (destinadas a persoas adultas que precisen alfabetización básica, cálculo, ...), e Ensinanzas non regradas (ENR) o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

As ensinanzas de Educación de adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación para aquelas persoas que non teñen a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen precise o título de Graduado en ESO e continuar estudos en ciclos formativos, bacharelato, etc.

As Ensinanzas de Adultos impártense de forma presencial no IES Fernando Blanco, en horario de 18:30 a 22:30, de luns a xoves.

INFORMACIÓN

1º Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022

Premio inclusión edcuativa Tuéjele Teatro

O Fernando Blanco foi gañador do 1º Premio de boas prácticas de educación inclusiva 2022  

O proxecto presentado titulado Tuéjele Teatro, un proxecto de educación inclusiva a través das artes escénicas foi presentado á categoría B (destinada a ESO, bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Parabéns a Marina e a Fernando artífices do grupo de teatro e redactores do proxecto gañador!!

Fernando Castro gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

Fernando Castro no acto de entrega dos premios

Fernando Castro Paredes, profesor de Lingua castelá e literatura no Fernando Blanco, resultou galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na súa 26ª edición pola súa obra O traxe.

O Salón Teatro de Santiago foi o lugar onde se desenvolveu o acto de comunicación e entrega destes galardóns o 30 de novembro de 2022, no acto interviñeron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a presidenta do xurado, Cristina Domínguez Dapena.

Parabéns Fernando en nome de toda a comunidade educativa do Fernando Blanco!!

 

Visita ao TSXG e a MALASA

Parte do alumnado de 2º do CM de Xestión administrativa e de 2º do CS de Administración e finanzas, acompañados polas súas profesoras Adriana Castelo e Yolanda Trillo visitaron as instalacións de MALASA en Cerceda e posteriormente a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, onde foron recibidos polo presidente do mesmo don José María Gómez y Díaz-Castroverde. Facendo click sobre as imaxes podes amplialas.

  Visita ao TSXG 1Visita ao TSXG 2

 Visita ao TSXG 3  

Distribuir contido


by Dr. Radut