Skip to Content

XIII OLIMPIADA CULTURAL "O SABER TEN PREMIO NO IES FERNANDO BLANCO"

 

 

O pasado venres día 14 de xuño tivo lugar ás 12 da mañá, no salón de actos do noso centro, a gala dan Gran final da XIII Olimpíada Cultural " O saber ten premio no Fernando Blanco".

O equipo gañador do 1º premio, cunha dotación de 600€, cortesía de XEAL, foi para "Espazo en branco". O 2º premio recaeu en " AFE" con valor de 400€ patrocinado por GERCA , e o 3º posto foi para "Os Aldeáns" cun valor de 300€ cortesía de ROGET, tras enfrontarse a un dobre reto; por unha banda, nunha primeira fase, tiveron que dar resposta a un total de vinte preguntas ao igual que xa fixeran nas anteriores eliminatorias, pasando a unha segunda fase os dous equipos con maior puntuación, a cal consistía nun debate que versaba sobre a AI no ámito educativo, onde sería valorada entre outros aspectos a capacidade de argumentación, a coherencia, oratoria...por parte dun xurado formado por tres docentes do centro educativo.

A gala, que foi amenizada musicalmente polos grupos de música do IES Fernando Blanco, así como diversos videos sobre diferentes actividades desenvoltas durante este curso, foi maxistralmente presentada polo periodista Fran Hermida e contou coa presenza da nosa Inspectora de educación, Dona Magdalena Duarte.

Parabéns aos equipos participantes e aos seus docentes,  e moitas grazas aos patrocinadores, (XEAL, GERCA e ROGET) así como aos membros da comisión organizadora e a Fran Hermida pola súa colaboración.



page | by Dr. Radut