O MECO MANDA
Esta semana arranca o entroido no noso centro e o Meco do Fernando estará a dar ordes que compre non desobedecer.
O venres pasado xa mandou recado:
" Se feliz queres estar, no ENTROIDO DO FERNANDO BLANCO tes que participar:
- O LUNS, os ollos e as uñas terás que pintar.
- O MARTES, algo na cabeza traerás"....
Parabéns ao alumnado do grupo ACADIX de FP Básica de Electricidade e Electrónica pola elaboración dun Meco moi interactivo.