GaliciaSkills 2023
Alumnado e profesorado dos ciclos formativos de Electromecánica de vehículos e automóbiles, Mantemento de vehículos, Electricidade e electrónica, Automatización e Robótica Industrial, Instalacións Eléctricas e automaticas, Mantemento electromecánico e Soldadura e Caldeiraría acudiron hoxe a Silleda a visitar o pabellón onde se están desenvolvendo esta semana as Galicia Skills.
Galiciaskills é un campeonato galego de formación profesional que consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas con especialidades de FP, nas que os participantes demostran a súa competencia profesional no desenvolvemento de probas.
Desexámoslle moita sorte aos centros participantes, sobre todo ao do IES Agra de Raíces, IES Eduardo Pondal e IES Maximino Romero de Lema, centros da comarca, que participan na competición!!