Almorzo saudable 2023
Este xoves 15 de xuño realizouse un almorzo saudable nos xardíns do Fernando Blanco, retomamos esta tradición que quedara interrompida por causa da pandemia e nesta ocasión foi a cuarta edición.
Con este almorzo compartido polo alumnado, profesorado e persoal non docente, prétendese fomentar a idea da importancia que ten unha alimentación sa e equilibrada.
O alumnado que cursa a materia de Economía preparou unha presentación sobre o comercio xusto que mostraron ao resto do alumnado durante a celebración do almorzo.
Tamén o alumnado que cursa Bioloxía preparou uns experimentos onde se podía ver a gran cantidade de amidón que teñen algúns alimentos procesados ou como a maioría dos refrescos teñen moitos azucres.
Houbo tamén unha ginkana na que o alumnado tiña que atopar pistas que os levaban a outras pistas ata dar co "tesouro".
Temos que salientar que para poder organizar este almorzo tivemos a colaboración de Granxa Moreira que doou o leite e os iogures que se consumiron e o pan tróuxoo a Panadería das Travesas de Cee que tamén nolo doou. Reiteramos o agradecemento a todos eles polas súas aportacións.