V Xornada A universidade que nos agarda
O mércores 18 de maio celebrouse no Salón de Actos do Fernando Blanco a V Xornada a Universidade que nos agarda, organizada polo Grupo de innovación en titorización e atención ao estudantado (GITIAES) da UDC, polo Concello de Corcubión e polo IES Fernando Blanco.
Nesta xornada o alumnado de 2º de bacharelato, a maioría dos cales serán universitarios o vindeiro curso, recibiron información sobre estudos e as xestións que terán que afrontar.
A xornada comezou cunha alocución do reitor da UDC don Julio Abalde e continuou cunha ponencia a cargo de dona Eva Mª Espiñeira, profesora de Métodos de investigación e diagnose en educación, quen disertou sobre o acceso á universidade. A continuación tivemos a ocasión de reencontrarnos con Elisa Lema e Cristina Martínez, exalumnas do Fernando Blanco, e actuais estudantes do grao en Educación Primaria e do grao en Educación Social, respectivamente, que falaron sobre a súa experiencia persoal na Universidade.
Despois dun receso retomouse a xornada cunha ponencia que levaba por título A universidade do século XXI, a cargo de don Jesús Miguel Muñoz, catedrático de universidade da área MIDE e director do Departamento de didácticas específicas e MIDE. Para rematar o programa a profesora da UDC dona Mª Cristina Pérez realizou unha exposición sobre Metodoloxías docentes e discentes na Universidade.