E-DIXGAL 2024/2025
O IES Fernando Blanco está acollido ao Proxecto E-Dixgal para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2024/25.
En 1º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Plástica, Educación física, Tecnoloxía e dixitalización, Francés, Relixión católica e Proxecto competencial.
Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Bioloxía e xeoloxía, Lingua castelá, Lingua galega e Xeografía e historia.
En 2º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Educación física, Tecnoloxía e dixitalización, Francés, Física e química, Relixión católica e Proxecto competencial.
Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia e Música.
En 3º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Educación plástica, Educación física, Educación dixital, Cultura financeira, Francés, Física e química, Relixión católica e Proxecto competencial.
Non terán libro dixital E-Dixgal en cinco: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia, Bioloxía e xeoloxía e Música.
En 4º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal en todas as materias excepto en catro: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia e Bioloxía e xeoloxía.