Roteiro Cee-Sardiñeiro (2º e 3º da ESO)
O alumnado de 2º e de 3º da ESO, acompañados de Fabián, o seu profesor de Educación Física, de María, PT do noso centro e Cristina a titora de 2º da ESO, quixeron facer o roteiro de Cee a Sardiñeiro polo Camiño de Santiago, pero debido á forte calor do día tiveron que acabar na praia de Estorde. Alí pasaron o resto da mañá xogando e bañándose.