Skip to Content

OS NOSOS CICLOS

 

AULA DE EMPRENDEMENTO. VISITA JIMSPORTS

 

Dentro das diversas actuacións levada a cabo  no marco do programa Aulas de Emprendemento, no que participa un ano máis o noso centro educativo, destacan as visitas a empresas da nosa comunidade. Un exemplo foi a visita realizada o pasado mércores 6 de novembro polo alumnado de 2º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas ás instalacións do grupo JIMSPORTS.

O grupo JIMSPORTS, situado en Palas de Rei (Lugo), é unha empresa galega líder no sector de material deportivo e equipamento para actividades físicas. Fundada en 2006, JIMSPORTS distribúe unha ampla gama de produtos, desde material para ximnasios e instalacións deportivas ata roupa deportiva e complementos. Ademais, esta empresa é todo un referente do emprendemento no rural galego, demostrando que é posible desenvolver un proxecto empresarial sólido e competitivo desde o medio rural.

A compañía destaca polo seu compromiso coa innovación, a calidade e a responsabilidade social, así como polo seu impulso á produción local e sostible. Esta visita permitiu ao alumnado coñecer de primeira man o funcionamento interno dunha empresa deste calibre, observar os seus procesos de produción e distribución, e comprender mellor a realidade empresarial e as oportunidades de emprendemento no rural da nosa comunidade.

Moitas grazas a todo o persoal de JIMSPORTS pola súa marabillosa acollida.


 

CM SOLDADURA E CALDEIRARÍA (DUAL INTENSIVA)

Cartel de CM Soldadura e caldeiraría (Dual intensiva)

FAI CLIC NA IMAXE PARA AGRANDAR

 

 


 

 

OFERTA FORMATIVA CICLOS FP CURSO 2024-2025

 


 

AULA DE EMPRENDEMENTO

O IES Fernando Blanco ven de ser seleccionado mediante a Resolución do 20 de xullo do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional para participar no programa de Aulas de Emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023 convocado pola Resolución do do 23 de maio de 2023.

(preme na ligazón para ampliar información)

Coñecedores da complexidade, do risco ou  incerteza que pode supoñer optar polo empredemento como unha das saídas profesionais do noso alumnado unha vez acadada a titulación dun Ciclo Formativo, dende o IES Fernando Blanco de Cee pretendemos ofrecer ao noso alumnado e docentes,  diferentes ferramentas para promover esta alternativa profesional de mans de expertos na materia.

 

Todo isto tradúcese nas nomeadas "Xornadas de Emprendemento” consistentes nunha serie de talleres formativos, obradoiros, charlas de expertos, saídas con visitas a empresas tanto da contorna do noso centro educativo como outras de referencia a nivel autonómico, onde o alumando e profesorado das diferentes  familias profesionais vencelladas ao noso centro educativo poderán obter de expertos dos diferentes sectores e ámbitos produtivos, froito das súas experiencias e coñecementos, diferentes ferramentas  para empredender ou sensibilizar oa alumnado do centro educativo no emprendemento en xeral e as súas versións sociais, sostibles e colaborativas.

 

 

 

 

 

 

VALIDACIÓNS MÓDULOS DE CICLOS FORMATIVOS CURSO 2023/24

Requisitos e prazos para solicitar validacións

A persoa solicitante presentará a solicitude de validación e a documentación alegada para xustificar a validación daqueles módulos dos que estea matriculada perante a dirección do centro educativo.

1. Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clasesÉ dicir ata o día 6 de outubro

2. Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumnado deberá presentar o anexo V do Real decreto 1085/2020.

O prazo de presentación de solicitudes de validación que resolve o ministerio iníciase o día en que comeza o curso escolar e finaliza o derradeiro día do curso escolar. Só se poderá presentar unha única solicitude de validación por curso académico. Trataránse con preferencia os expedientes presentados dende o inicio do prazo para realizar a matrícula ata a finalización do mes de outubro de cada curso escolar.

Máis información.

Anexo XIV de solicitude

Códigos dos módulos que se solicita validar

A solicitude de validación xunto coa documentación xustificativa, podedes entregala debidamente cuberta na secretaría do centro ou podedes enviala por correo electrónico a: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal, indicando no asunto solicitude de validación.

PRAZAS VACANTES NO CS DUAL AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

No IES Fernando Blanco hai prazas vacantes no CS Dual de Automatización e robótica industrial, as persoas interesadas e que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior, poden presentar a súa solicitude, xunto cunha copia do seu DNI polas dúas caras, certificado dos estudos que alega para o acceso e o seu curriculum vitae en formato Europass.

Poden presentar a documentación de forma presencial na oficina do IES Fernando Blanco. 

 

 

Admisión. Curso 2023/2024

A partir do venres 23 de xuño de 2023 ás 9:00 e ata mércores 5 de xullo de 2023 ás 13:00 horas para o réxime ordinario e para o réxime Dual, as persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco para o curso 2023-2024. 

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

 

Información e documentación

 

  • Anexo I (ED519A).  (Empregar só para admisión ao 2º curso de CM e CS do réxime ordinario ou para o caso de solicitude de matrícula en prazas liberadas)
  • Anexo I (ED522A). (Usar unicamente para admisión ao 2º curso de Ciclos Básicos).

 


 

A FP DUAL NO IES FERNANDO BLANCO

No IES Fernando Blanco apóstase pola FP Dual en todas as súas modalidades, podedes acceder a información sobre a mesma:

A FP Dual no IES Fernando Blanco  

Que é a FP Dual? 

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA

Información para admisión e acceso a FP Dual AQUÍ 

FP DUAL CM Soldadura e caldeiraría 

OS NOSOS CICLOS FORMATIVOS DE FP

 

Neste espazo poderás acceder a información sobre os ciclos formativos de FP que se ofrecen no IES Fernando Blanco.

 Acceso a FP 2022/23

 

Cartel CS Dual Automatización e robótica industrial

 

 

                                                                                                 (Fai clic sobre calquera das imaxes)

 

 

 Organizados por departamentos os ciclos que se ofertan para o curso 2022/2023 son:

 

   Departamento de administración: 

 

 

                                                                CM Xestión administrativa

               CS Administración e finanzas

 

 

 

    Departamento de automoción:

                                     

                                                                CB Mantemento de vehículos

               CM Electromecánica de vehículos automóbiles

 

     Departamento de electricidade:

 

 

                                                                CB Electricidade e electrónica

               CM Instalacións eléctricas e automáticas

               CS Automatización e robótica industrial (Modalidade Dual)

 

 

 Departamento de fabricación mecánica: 

 

                                                                      CM Soldadura e caldeiraría (Modalidade Dual)

 

 

 Departamento de instalación e mantemento:

 

 

                                                               CM Mantemento electromecánico

 

                                                          CM Mantemento electromecánico

 

                                                                                 (Fai clic sobre a imaxe) 

                                                               

 

 

 



page | by Dr. Radut