65. Defectos
Un home que tiña un grave problema de miopía considerábase un experto en avaliación de arte. Un día visitou un museo con algúns amigos. Esqueceu os lentes na casa e non podía ver os cadros con claridade, pero iso non o detiña á hora de ventilar as súas fortes opinións.
Tan pronto entraron á galería, comezou a criticar as diferentes pinturas. Ao deterse ante o que pensaba era un retrato de corpo enteiro, empezou a criticalo. Con aire de superioridade dixo: "O marco é completamente inadecuado para o cadro. O home está vestido dun xeito moi ordinario e esfarrapado. En realidade, o artista cometeu un erro imperdoable ao seleccionar un suxeito tan vulgar e sucio para o seu retrato. É unha falta de respecto".
O home seguiu o co seu discurso sen parar ata que a súa esposa logrou chegar ata el entre a multitude e apartouno discretamente para dicirlle en voz baixa: "Querido - estás a mirar un espello!!!.
Moitas veces as nosas propias faltas, esas que tardamos en recoñecer e admitir, parecen moi grandes cando as vemos nos demais. Debemos mirarnos no espello máis a miúdo, observarnos ben para detectalas, e ter o valor moral de corrixilas; é máis doado de negalas que recoñecelas. Por iso é necesario deixar a un lado o orgullo pois so con humildade poderemos ver os nosos defectos e corrixilos.