66. A tartaruga

Unha tartaruga e un par de garzas fixeran unha bonita amizade. Tanto a  unha como as outras habitaban nas proximidades dun lago nas augas do cal adoitaban saciar a súa sede.

Máis occorreu que houbo un ano de poucas chuvias e o lago, lenta pero inexorablemente, foise secando ata converterse nun deserto.

Alí non había forma de sobrevivir e era necesario tomar unha determinación urxente. As garzas decidiron emigrar a zonas máis húmidas, onde fose posible sobrevivir, pero entón a tartaruga comezou a lamentarse entre saloucos:

- ¡ Como vós tedes ás podedes ir! Pero, ¿que será de min, desgraciada? Morrerei de sede ¡ Que morte tan espantosa!

As garzas tiñan un corazón moi compasivo e apiadáronse da súa amiga. Algo había que facer por ela.

Durante toda a noite estiveron sumidas na reflexión, tratando de achar unha solución satisfactoria.

Por fin atopárona e sentíronse moi felices. Cada unha delas sostería co pico os extremos dun longo pau no que se habería de colgar a tartaruga coa boca.

Así migrarían ás rexións húmidas ¡ Unha excelente idea!

Ao amenecer, o inmenso disco do sol tinguiu o ceo cos seus raios dourados. Era o momento de partir. As garzas colleron o pau cos seus picos e a tartaruga prendeuse a este cravando os seus dentes nel.

Enseguida remontaron o voo cara ao luminoso horizonte. Percorreron unha longa distancia.

Ao pasar polos pobos, a xente, embelesada ao contemplala, exclamaba:

-      ¡ Mirade, amigos, mirade! ¡ Que tartaruga tan intelixente! Aférrase ao  pau cos dentes e así pode voar como unha ave.

Cada vez que pasaban por unha localidade e as xentes eloxiaban a súa habilidade, a tartaruga sentíase encantada e moi afagada. Aqueles eloxios enchíana de satisfacción e rexouba.

Pero de súpeto, as tres compañeiras voaron sobre unha aldea e as xentes do lugar dixeron:

- ¡ Mirade, mirade a esas garzas tan intelixentes! Vede que listas, e como levan un pau para que esa tartaruga poida viaxar con elas! E ademais, ¡ qué ben voan e que belas son!

A tartaruga, ao advertir que esta vez non recibía ningún eloxio, sentiuse ferida no seu orgullo e dixo:

- ¡ Idiotas! ¿Que saberedes vós, estúpidos aldeáns?

Naturalmente, precipitouse ao baleiro e morreu.