55. O diálogo entre o querer e o amor
O Querer dicíalle ao Amor.
-- ¿Por qué es tan eterno?.
E o Amor con gran paciencia respondeu:
-- Quizás sexa porque non posúo nada.
-- Iso é imposible, - exclamou o Querer - posúes tódalas cousas, coma min ¿Acaso non somos o mesmo ser?.
-- ¿Tí cres? Pois dime ¿Qué é o que tí posúes? Respondeu o Amor.
-- O amante que posúe ao ser amado, o político que posúe o poder, o relixioso que posúe a fe, eu posúo todo aquelo que quero –dixo o Querer-.
O vello Amor díxolle:
--Ves, ti mesmo respóndeste, eu cando amo non posúo ao obxecto amado. Eu amo a unha bolboreta en vó, amo unha flor co seu tempo contado, e amo ao home que na súa vida se asemella ao vó dunha bolboreta, e ao tempo contado dunha flor....
Moi exaltado o Querer exclamou.
-- ¡¡Iso é unha QUIMERA!!.
Na súa inesgotable paciencia o Amor respóndelle.
-- O mundo é unha QUIMERA. ¿Que cres que son eu?.