54. A importancia da solidariedade
O mellor producto da rexión
Un rico agricultor conseguía gañar tódalas medallas do Ministerio de Agricultura porque o seu trigo era de excelente calidade. Intrigado, un periodista decidiu achegarse ata o lugar onde vivía este home coa intención de escribir un gran artigo sobre o segredo de tan grande éxito.
Ao chegar alí, preguntoulle qué facía para acadar sempre o mellor produto da rexión.
—Moi doado —respondeu o home—. Ao final da colleita, separo unha boa parte do gran e repártoo entre tódolos meus veciños.
O periodista sorprendeuse:
— ¿Repartir o que recolleu? ¿Non se decata de que os seus veciños tamén son os seus competidores?. ¿e se queren producir máis?
- ¿Non se decata vostede de que todo é un? Na primavera o vento trae o pole e espállao por todo o lugar. Se os meus veciños plantaran algo malo, a miña colleita veríase afectada tamén. Para ter o mellor produto da rexión, hai que facer que os campos veciños manteñan a mesma calidade.
Non se pode facer nada bo na vida se non se estimula a os demais a que fagan o mesmo.