56. O agasallo invisible
O día de Nadal, a familia enteira reuniu arredor da árbore e comezou a abrir os agasallos. A nena, contenta, deulle unha caixa ao pai.
—Isto é para ti, con todo o meu amor.
O pai, orgulloso, abriu a caixa, pero estaba baleira. Co maior cariño, díxolle á súa filla:
—Miña nena, sei que tes a mellor das intencións, pero a vida ha de ensinarche que non podemos dar algo que non existe, por moi ben envolto que estea e por moito cariño con que o entreguemos. Creo que te esqueciches de poñer algo aquí dentro.
—¿Pero é que non o ves?
—Non vexo nada, filla.
— ¡Pois pasei unha tarde enteira enchéndoa de bicos!
Os ollos do pai enchéronse de bágoas,
— ¡É verdade! ¡Moitas grazas, filla, por un agasallo tan bonito!
E durante o resto da súa vida, sempre que se sentía deprimido ou descorazoado, o pai abría a caixa, sacaba un bico que a súa filla puxera alí, e volvía a ter o valor suficiente para enfrontar os seus retos.