31. O xuíz

O xuíz de unha localidade  morreu de repente, pero como había fixada unha vista para dous días despois facíase necesario atopar outro xuíz o antes posible. Os habitantes da localidade pensaron en nomear a un sabio que vivía apraciblemente nun bosque próximo, dedicado á contemplación, e que tiña fama de boa persoa. Rogáronlle que asumira  o posto de xuíz por unha vez, e o eremita así o fixo por non desairalos.

Chegou o día previsto para a celebración do xuízo. A parte demandante expuxo o seu alegado e o xuíz dixo, tras oíla con moita atención:

- Ten vostede razón, toda a razón.

Despois, coa mesma atención, escoitou o alegado da parte demandada, tras o cal dixo:

- Ten vostede razón, toda a razón.

Sorprendido e indignado, o escribán dirixiuse ó xuíz e díxolle:

- Señoría, esto é un disparate ¿Cómo é posible que as dúas partes teñan razón?

- Certamente ten vostede razón, señor escribán –respondeu o xuíz- ¿Cómo é posible que as dúas partes teñan razón?