32. ¿A quen entregar a cana?

Era un monarca dun florecente reino que tiña acadado unha idade avanzada. Soubo que había un sabio iogui meditando nun dos bosques próximos ao palacio e fíxoo chamar.

-Por lo que teño entendido –díxolle-, ti es un home piadoso, e o teu rei pídeche que tomes esta cana de bambú e que recorras todo o reino con ela. Direiche o que tes que facer. Viaxarás de cidade en cidade, de pobo en pobo e de aldea en aldea, e cando atopes á persoa que consideres máis parva, faslle entrega de esta cana.

O iogui púxose en camiño levando consigo a cana de bambú. Viaxou sen descanso durante moitos meses e entrou en moitas cidades e pobos e coñeceu mucha xente. Pero como ningunha das persoas que se cruzaron no seu camiño lle pareceu a máis parva, decidiu regresar á corte coa cana. Segundo chegou a palacio tivo noticias de que o rei estaba enfermo, na antesala dunha morte inexorable. Acudiu apresa ao leito do moribundo. O monarca, entre estertores, a voz quebrada, lamentábase deste modo:

- ¡Qué desgraciado son, qué terriblemente desgraciado! Toda a miña vida acumulando enormes riquezas e ¿qué farei agora para levalas comigo? ¡Non quero deixalas, non quero deixaras!.

O iogui comprendeu entón a quen había de entregar a cana.