30. Indecisión
Fronte a fronte, separados por un caudaloso río erguíanse dous mosteiros. Andaba por alí un can agarimoso e simpático que, tendo gañado o afecto dos monxes, o mesmo lle daban de comer nun ou noutro. Cando soaba a campá anunciando a hora da comida, o can, segundo estivera nunha ou noutra beira do río ía a un ou outro mosteiro a saciar o seu apetito.
Certo día no que animal chapoteaba no río oíu a campá do mosteiro edificado na beira dereita e comezou a nadar cara a el. De pronto a campá do mosteiro da ribeira esquerda empezou a tocar e, cambiando de rumbo, comezou a nadar en dirección contraria. Mais, ambas campás non deixaban de soar e entón o can, desorientado, ía un tramo cara a unha beira e nadaba outro tramo cara á oposta. Estaba famento e entón comezou a reflexionar en que comida lle apetecía máis. Pero, ó non parar de moverse, falláronlle as forzas e atopou a morte nas augas do río.