22. A serpe e os nenos

Había unha serpe que aterrorizaba ós nenos da aldea cada vez que saían a xogar. Os anciáns foron falar con ela para pedirlle que non mordera ós nenos. A serpe accedeu, e durante varias semanas, as cousas andaban ben. Os nenos gozaban xogando ó aire libre e, día tras día volvían á casa felices, sans e salvos.

Entón os anciáns foron a darlle as gracias á serpe, pero atopábana atada en nós e chea de negróns. Cando lle preguntaron o que lle pasara, a serpe contestou:

- “Vaia, vos dixéstesme que deixara de morder ós nenos”.

- “É verdade –respondéronlle– ,dixémosche que deixaras de morderlles, pero non que deixaras de asubiarlles”.