23. Sorrille á vida
Hai tempo, nun pequeno e afastado pobo, había unha casa abandoada. Certo día, un canciño buscando refuxio logrou meterse por un furado dunha das portas. Subiu lentamente as escaleiras de madeira. Ó chegar arriba atopouse cunha porta entreaberta e meteuse. Para a súa sorpresa, viu alí 1000 canciños máis observándoo tan fixamente como el os observaba a eles. O canciño comezou a mover o rabo e a levantar as súas orellas. Os 1000 canciños fixeron o mesmo. Posteriormente sorriu e ladroulle alegremente a un deles. O canciño quedou sorprendido ó ver que os 1000 canciños tamén lle sorrían e ladraban alegremente con el! Cando o canciño saíu do cuarto quedou pensando: ¡Qué lugar tan agradable! Virei máis veces a visitalo.
Tempo despois, outro canciño palleiro entrou ó mesmo sitio e no mesmo cuarto. Pero a diferencia do primeiro, este canciño ó ver ós outros 1000 canciños do cuarto sentiuse ameazado xa que o estaban mirando dunha maneira agresiva. Posteriormente empezou a gruñir; obviamente viu como os 1000 canciños lle gruñían a el. Comezou a ladrarlles ferozmente e os outros 1000 canciños ladráronlle tamén a el. Cando saíu do cuarto pensou: ¡Que lugar tan horrible é este! Nunca máis volverei a entrar alí!
Na fronte da devandita dicha casa atopábase un vello letreiro que dicía: ‘’A casa dos 1000 espellos’’
Varias veces escoitei que tódolos rostros do mundo son espellos... ¿Como che gustaría enfrontar o mundo?, pensa qué rostro amosarás e decide levalo por dentro. As cousas máis fermosas do mundo non se ven nin se tocan, só se senten co corazón. Antes de ver un arco iris, tes que ver un pouco de chuvia...
Non es responsable da cara que tes,
es responsable da cara que pos.