21. A porta do corazón
Enviado por admin o Ven, 02/05/2008 - 15:12
Un artista contemporáneo pintou un cadro que amosa a Cristo nun xardín á medianoite: na súa man esquerda sostén unha lámpada mentres que coa dereita está chamando a unha pesada porta.
O día no que se amosaba esta obra por primeira vez atopábanse presentes varios críticos de arte. Cando se descubriu a cortiniña, un dos especialistas achegouse ao artista para lle dicir:
- Señor Hunt, ¿por que non rematou a obra?
- Está rematada.
- Pero se non hai pomo nesa porta.
- Eso -dixo o artista- é a porta do corazón humano, e só pode ser aberta dende dentro.
»