10. O neno o vello e o burro

Un neno e un ancián ían viaxando de pobo en pobo ao lombo dun burro. Un día, mentres atravesaban unha aldea despois de  desmontar do animal, as xentes do lugar exclamaron ao velos:

- ¡Mirade que par de parvos! Teñen un burro e van os dous andando ao seu carón. Polo menos o ancián podería montalo.

            O ancián, entón, subiuse ao burro e os tres proseguiron a marcha; pero ao chegar a outra aldea, a xente empezou a dicir iradamente.

-¡Parece mentira!, ¡que vergoña! O ancián va placidamente sobre o burro e o meniño ten que ir camiñando.

Nesta ocasión, o ancián cedeu o seu posto ao pequeno. Mais chegaron a outro pobo e os habitantes comezaron a murmurar:

- ¡Adonde temos chegado!, ¡que bochorno! O pobre ancián camiñando e o neno tan ricamente sentado sobre o burro..

Así que o neno e o ancián decidiron montar no animal. Máis ao atravesar outro poboado, a xente empezou a increparlles:

- ¡Desvergonzados! ¡non tedes sentimentos! ¡Ese animal acabará por reventar.

O ancián e o neno decidiron cargar con o burro, pero cando pasaron pola seguinte aldea, a xente empezou a rirse descaradamente.

- ¡Eso si que é o nunca visto!, ¡que par de bobos! En lugar de ir sobre o burro lévano ás costas.

De súpeto o burro, revolveuse, caeu a un barranco e matouse