09. Ceo e inferno

Un discípulo preguntou: “Mestre, ¿cal é a diferencia entre o ceo e o inferno?”. E o Mestre respondeu: “É moi pequena e, sen embargo de grandes consecuencias. Vin un gran monte de arroz cocido e preparado para comer. Arredor había moitas persoas famentas e case a punto de morrer. Non podían achegarse a el, pero tiñan nas súas mans longos paos de tres metros de lonxitude. Chegaban a coller o arroz pero non conseguían levalo á boca porque os paos eran moi longos. Así, famentos e moribundos, xuntos pero solitarios, seguían padecendo unha fame eterna. Eso era o inferno.

Vin outro gran monte de arroz, rodeado de persoas famentas pero cheas de vitalidade. Tampouco conseguían levar o arroz á boca porque os seus paos eran moi longos, pero en vez de levalos á propia boca, dábanse o arroz unhas a outras. Así saciaban a súa fame, xuntas e solidarias, gozando plenamente da xente e das cousas. Isto era o ceo”.

 

Antiga lenda chinesa