11. Unha historia de amor imposible
Conta a lenda que unha xove bolboreta -de corpo fráxil e alma sensible- voaba certa tarde xogando co vento, cando viu unha estrela moi brillante, e namorouse. Moi excitada, regresou inmediatamente á súa casa, tola por contar á súa nai que xa descubrira o que era o amor.
-¡Que parvada! -foi la fría resposta que escoitou-. As estrelas non foron feitas para que as bolboretas puideran voar ao seu arredor. Búscate unha farola, o una pantalla, e namórate de algo así: para iso fomos creadas. Decepcionada, a bolboreta decidiu simplemente ignorar o comentario da súa nai, e permitiuse volver a alegrarse co seu descubrimento. «¡Qué marabilla poder soñar!», pensaba. A noite seguinte a estrela continuaba no mesmo lugar, e ela decidiu que subiría ata o ceo e voaría en torno de aquela luz radiante para demostrarlle o seu amor.
Foi moi difícil superar a altura á que estaba acostumada, pero conseguiu subir algúns metros por encima do seu nivel de voo normal. Pensou que, se progresaba un pouquiño, terminaría chegando ata a estrela. Así que armouse de paciencia e comezou a intentar vencer a distancia que a separaba do seu amor. Esperaba con ansiedade a chegada da noite, e cando vía os primeiros raios da estrela, axitaba ansiosamente as súas ás en dirección ao firmamento.
A súa nai estaba cada vez máis furiosa:
- Estou moi decepcionada coa miña filla –dicía-. Tódalas súas irmás, primas e sobriñas xa teñen fermosas queimaduras nas súas ás, provocadas polas lámpadas. Só a calor dunha lámpada é capaz de entusiasmar o corazón dunha bolboreta: debería deixar de lado estes soños inútiles e conseguir un amor posible de alcanzar.
A xove bolboreta, irritada porque ninguén respectaba o que sentía, decidiu irse da casa. Pero no fondo —como, por outra parte, sempre sucede— quedou marcada polas palabras da súa nai, e considerou que ela tiña razón. Así, durante algún tempo, intentou esquecer á estrela e namorarse da luz das pantallas de casas suntuosas, das luces que mostraban as colores de cadros magníficos, do lume das velas que queimaban nas máis belas catedrais do mundo. Pero o seu corazón non conseguía esquecer á estrela, e despois de ver que a vida sen o seu verdadeiro amor non tiña sentido, resolveu reemprender o seu itinerario en dirección ao ceo.
Noite tras noite intentaba voar o máis alto posible, pero cando a mañá chegaba, estaba co corpo xeado e a alma mergullada na tristura. Entre tanto, a medida que se ía facendo maior, pasou a prestar atención a todo canto vía ao seu arredor. Dende alá arriba podía vislumbrar as cidades cheas de luces, onde probablemente as súas primas, irmás e sobriñas xa terían atopado un amor. Vía as montañas xeadas, os océanos con olas xigantescas, as nubes que cambiaban de forma a cada minuto. A bolboreta comezou a amar cada vez máis á súa estrela, porque era ela a que a impulsaba a coñecer un mundo tan rico e fermoso.
Pasou moito tempo e un bo día decidiu volver á súa casa. Foi entón que soubo polos veciños que a súa nai, as súas irmás, primas e sobriñas, e tódalas bolboretas que coñecera, xa morreran queimadas nas lámpadas e nas lapas das velas, destruídas por un amor que xulgaban fácil.
A bolboreta, aínda cando endexamais conseguira chegar ata a súa estrela, viviu moitos anos máis, descubrindo cada noite cousas diferentes e interesantes. E comprendendo que, ás veces, os amores imposibles traen moitas máis alegrías e beneficios que aqueles que están ao alcance das nosas mans.