Skip to Content

Orientación

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E SUPERIOR

A Consellería vén de publicar a convocatoria de acceso a ciclos de FP. Deixámosvos aquí as ligazóns para acceder a toda a información:

Convocatoria 2024

Información das probas

Os interesad@s en inscribirse poden solicitar máis información á orientadora do centro.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CURSO 2021/2022

Xefa de Departamento: Alba Jiménez Varela

Presentación da orientadora: fai clic aquí

Outros Membros

  • Especialistas en PT: Lidia Bermúdez Fernández e Ana Belén Borrageiros Mariño
  • Profesor do ámbito Sociolingüístico: Adolfo Barcia Dopazo.
  • Profesora de ámbito Científico-tecnolóxico: Magdalena López Solla.

ÁMBITOS DE INTERVERVENCIÓN:

  • Ámbito da orientación académica e profesional: asesoramento para a toma de decisións vocacionais (orientación académica, profesional, autocoñecemento e entrenamento en toma de decisións). 
  • Ámbito da acción titorial: coordinación do Plan de Acción Titorial.
  • Ámbito de atención á diversidade e apoio ao proceso de ensinanza e aprendizaxe: valoración das necesidades educativas e diseño e posta en marcha de medidas curriculares e programas de intervención.  

Contacto: 886 15 92 30

Programación do Departamento de Orientación (adxunta)

 

PRAZOS DE ADMISIÓN NOS CICLOS DE FP

Xa saíron os prazos e  instrucións para solicitar praza nos ciclos de FP.

Do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas.

Deixámosvos aquí un resumo do calendario de prazos. Asimesmo, nesta ligazón podedes consultar a web coas as instrucións para cubrir as solicitudes online. E neste vídeo tedes axuda paso a paso para facela solicitude.

INFORMACIÓN INPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 4º ESO. CURSO 22-23

Estas son as materias de 1º Bacharelato que poderedes cursar no IES A Basella o vindeiro curso 2022-2023:

 

MATERIAS DE ESO E BACHARELATO NO NOVO CURRÍCULO

A Consellería de Educación ven de publicar a distribución  das materias de ESO e Bacharelato no novo currículo. Podes descargar a información completa premendo nesta ligazón.

 

Orientación vocacional

Dende o Departamento de Orientación estamos levando a cabo actividades relacionadas coa orientación vocacional.

Esta semana a orientadora impartiu una sesión de titoría en 4º de ESO sobre as saídas ao rematar a ESO e, ao longo do mes, levaranse a cabo outras actividades que inviten á reflexión sobre o futuro vocacional dos vosos fillos e fillas.

Estamos nunha época de cambios lexislativos: A LOMLOE implántase o curso 2022/2023 en 1º e 3º de ESO, 1º de BAC e FP. A LOMLOE está publicada, pero aínda non temos lexislación autonómica que nos concrete como vai ser exactamente o curso que ven.

A pesar das incertezas de como será o curso que ven, o alumnado e as familias tedes que facer a reserva de praza de bacharelato do 1 ao 20 de marzo. Por iso, queremos ir adiantando información e que o noso alumnado poida ir facéndose unha idea de como pode ser o bacharelato o curso que ven; así como o FP.

Deixamos á vosa disposición a presentación que a orientadora elaborou e presentou na titoría dos vosos fillos/as. Tede presente que é unha fotografía de como está neste momento o sistema, pero que falta a normativa autonómica e que pode introducir cambios.

A maiores, tedes acceso ao programa OrientaLine, que atoparedes na marxe esquerdo da páxina do IES.
Invitámosmos a entrar en familia e ir investigando sobre os distintos itinerarios, facer os cuestionarios de “orientación”, “profesiones”, etc.

Calquera dúbida podedes contactar co Departamento.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut