Skip to Content

Orientación vocacional

Dende o Departamento de Orientación estamos levando a cabo actividades relacionadas coa orientación vocacional.

Esta semana a orientadora impartiu una sesión de titoría en 4º de ESO sobre as saídas ao rematar a ESO e, ao longo do mes, levaranse a cabo outras actividades que inviten á reflexión sobre o futuro vocacional dos vosos fillos e fillas.

Estamos nunha época de cambios lexislativos: A LOMLOE implántase o curso 2022/2023 en 1º e 3º de ESO, 1º de BAC e FP. A LOMLOE está publicada, pero aínda non temos lexislación autonómica que nos concrete como vai ser exactamente o curso que ven.

A pesar das incertezas de como será o curso que ven, o alumnado e as familias tedes que facer a reserva de praza de bacharelato do 1 ao 20 de marzo. Por iso, queremos ir adiantando información e que o noso alumnado poida ir facéndose unha idea de como pode ser o bacharelato o curso que ven; así como o FP.

Deixamos á vosa disposición a presentación que a orientadora elaborou e presentou na titoría dos vosos fillos/as. Tede presente que é unha fotografía de como está neste momento o sistema, pero que falta a normativa autonómica e que pode introducir cambios.

A maiores, tedes acceso ao programa OrientaLine, que atoparedes na marxe esquerdo da páxina do IES.
Invitámosmos a entrar en familia e ir investigando sobre os distintos itinerarios, facer os cuestionarios de “orientación”, “profesiones”, etc.

Calquera dúbida podedes contactar co Departamento.

Un saúdo.



page | by Dr. Radut