ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS

Acta da reunión da xunta electoral celebrada o luns 19 de novembro na que se recollen os nomes dos/as candidatos/as para as eleccións do consello escolar que se celebrarán na vindeira semana (vid. arquivo en formato pdf).

MOITO IMPORTANTE: detectado un erro na listaxe de candidatos de alumnos/as, procédese a corrixir. Onde di "Ainhoa Fajardo Triñanes" ten que dicir "Ainhoa Fajardo Rodríguez".

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: CENSO DE RESPONSABLES

Censo electoral de responsables (pais, nais e titores legais no seu caso) dos/as alumnos/as matriculados/as no IES Espiñeira no curso 2018-19. As persoas das cales os nomes aparecen nesta listaxe poderán exercer o seu dereito ao voto o vindeiro xoves 29 de novembro na mesa electotral habilitada no centro para tal efecto de 08:30 a 10:30 e de 13:30 a 14:30. A listaxe orixinal está exposta dende o venres 16 de novembro no taboleiro situado na entrada do centro. O prazo para calquera reclamación rematrá o venres 23 de novembro.

Páxinas