Información para as familias en caso de peche de aulas ou do centro

Estimadas familias:

Nesta situación de incertidume que estamos a vivir, e a pesar de que o de peche de centros non se baralla polo momento, os centros debemos ter previstos todos os escenarios pois as cousas cambian día a día. Por este motivo, e sen intención de crear alarma entre as familias, estimamos oportuno publicar con tempo o Plan do ensino non presencial no IES Espiñeira. Deste xeito, tanto o alumnado como as familas contan con tempo para resolver dúbidas e/ou afacerse as novas plataformas que se usaran en caso de peche.

Correo COVID

Informamos que para as notificacións de sintomatoloxía COVID, illamento preventivo domiciliario ou outras cuestións relacionadas coa COVID, teñen a súa disposición o correo covid@iesespineira.org.

Ademáis de chamar por teléfono, agradecemos envíen unha mensaxe a este correo que xestiona o equipo COVID para poder ter un control no rexistro de casos.

Moitas gracias

ANEXO NOF

Con motivo da nova normativa deste curso motivada pola COVID-19, as Nomas de Organización e Funcionamento do centro (NOF) foron modificadas. No seguinte enlace poderá consultar o Anexo ás NOF elaborado para a adaptación do centro a dita normativa.

Prema aquí

Páxinas