Información para as familias en caso de peche de aulas ou do centro

Estimadas familias:

Nesta situación de incertidume que estamos a vivir, e a pesar de que o de peche de centros non se baralla polo momento, os centros debemos ter previstos todos os escenarios pois as cousas cambian día a día. Por este motivo, e sen intención de crear alarma entre as familias, estimamos oportuno publicar con tempo o Plan do ensino non presencial no IES Espiñeira. Deste xeito, tanto o alumnado como as familas contan con tempo para resolver dúbidas e/ou afacerse as novas plataformas que se usaran en caso de peche.

Deixamos aquí un resumo, ademáis dun enlace ao Plan de Continxencia do centro:

No caso de que algunha aula sexa pechada, ou todo o centro, no contexto COVID, seguirase a actividade lectiva a través das seguintes plataformas:

1: Cisco Webex:

Clase co/a profesor/a da materia correspondente na hora asignada.

Ver HORARIO

Todo o alumnado ten acceso dende a súa aula virtual aos titoriais para uso desta plataforma.

Observación: Os horarios están elaborados baixo as instruccións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que establece que como mínimo se manterá o 60% de carga lectiva e cada área, ámbito, materia ou módulo.

2. Aula Virtual:

Nesta plataforma o alumnado terá acceso aos apuntes e actividades de todas as materias.

Usuario: nomeapelido (sen punto e en minúscula)

Contrasinal: 1234 (ou outra modificada polo alumno/a)

Acceso a Aula Virtual

3. Correo electrónico:

Todos os alumnos contan un correo electrónico co dominio @iesespineira.org. O profesorado poderá poñerse en contacto a través deste correo co seu alumnado, así que é necesario que se acceda ao correo diariamente. Este dominio de Google da acceso a outras ferramentas que poderán ser utilizadas baixo o criterio do profesor/a.

Usuario: nome.apelido@iesespineira.org.

Contrasinal: DNI (letra en maiúscula), (ou outra modificada polo alumno/a)

Equipos e conexión

O centro vén de recoller datos de todo o alumnado que non conta con equipo e/ou conexión. A este alumnado facilitaránselle os medios oportunos para o seguimento da actividade lectiva.

Normas no ensino a distancia (NOFC):  Prema no enlace