Convócanse as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior para o ano 2020.
- Grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
- Grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
Para máis información podes seguir a ligazón da Consellería ou consultar na Secretaría do IES Espiñeira.