![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesespineira/sites/www.edu.xunta.gal.centros.iesespineira/files/styles/large/public/field/image/dia%20da%20ciencia%20com.png?itok=AZhOJ4Di)
O venres 15 de novembro o noso alumnado de ESO terá a oportunidade de achegarse a Actividade Científica desenvolvendo diferentes proxectos e experimentos coa colaboración dos departamentos de Bioloxía, Física e Química e Matemáticas.
Obradoiros con títulos tan suxestivos como “CSI Espiñeira: Extracción de ADN”, “Raio máxico” ou “Posdata: Fractais” completaranse cunha charla promovida polo Departamento de Dinamización Lingüística ao final da xornada, que será impartida polo profesor D. José Ramón González Romay do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.