Calendario de eventos

22 Novembro 2019

Obradoiro alimentación saudable

Xoves 28 de novembro ás 18:00h no salón de actos da Casa de Cultura «Ramón Martínez López», QUE PODEMOS FACER PARA MELLORAR A ALIMENTACIÓN DAS NOSAS FILLAS E FILLOS (E A NOSA)

Coa dietista especialista en educación emocional Belén Ventín. Coach certificada ICC e naturópata.

Para favorecer a conciliación familiar, haberá un servizo de monitoraxe para as familias que non puideran asistir por non dispoñer dunha persoa adulta a quen deixar ás crianzas. Este servizo ten prazas limitadas que se cubrirán por estricto orde de inscrición.