Elixiouse o 25 de novembro para conmemorar o violento asesinato das irmás Miraval (Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Trujillo na República Dominicana.
Os seus cadáveres mutilados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia. (máis información: artigo: 25 de noviembre, homenaje a las Hermanas Miraval, por Ana Mariñez Álvarez).
En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data.
O 29 de novembro, dende o Parlamento Europeo a deputada Emma Bonino propón convocar nesta data un Día internacional de Loita contra a Mutilación Xenital Feminina.
OUTRAS CONMEMORACIÓNS QUE PODEN ESTAR ASOCIADAS
O 6 de decembro marca o aniversario da Masacre de Montreal, cando un home disparou contra catorce mulleres universitarias por seren feministas.
O 10 de decembro é a data en que se conmemora a firma en 1948 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.