Skip to Content

Secretaría

BECAS MEC PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (BACHARELATO)

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BOLSAS MEC PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional abre a convocatoria anual para solicitar, vía telemática a través da Sede electrónica do MEC, bolsas de axuda económica para alumnado de ensinos non obrigatorios (bacharelato e universidade). O prazo de presentación comeza o día 1 de agosto e rematará o 1 de Outubro. Toda a información sobre a convocatoria nos enlaces do Ministerio e no texto da norma legal (especialmente o Capítulo 7).

Marco legal da convocatoria

Resolución de la Secretaría de estado de educación y Formación Profesional, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2019-20 para estudiantes que cursen estudios postobligatorios

Adorno

FIN DE CURSO

Avaliación e procedementos
de reclamación ás calificacións

Dacordo coa lexislación vixente (Orde do 2 de marzo de 2021, actualizada na Circular 2/2021 da DX de Educación e FP), o alumnado ten dereito a reclamar aquelas calificacións nas materias nas que teña algunha dúbida a través de tres procedementos:

TIPOMEDIOLUGARRESPOSTAPRAZO

Solicitude de
aclaracións

Instancia dirixida
ao profesor 
da materia

Secretaría
do instituto
Resposta polo
profesorado 
no mesmo día

Ata as 13:00 horas do
mesmo día

Reclamación ante
o centro 
de ensino
Instancia dirixida
á dirección 
do centro
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada por
escrito da Xefatura do Dpto.
Durante os dous días
seguintes

Reclamación ante
a XT (inspección
)

Instancia dirixida á
XT (inspección)
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada
por 
escrito da XT

Dous días despois
da resposta á reclamación


Probas ABAU 2021

O alumnado de 2º de Bacharelato que aproba todas as materias terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU). Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
20 ao 24 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
25 ao 26 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2021
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
8 ao 10 de xuñoRealización das
probas ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Dereito (Com. 10)
Alumnado aspirante

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28 e 29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29 e 30 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
13 ao 15 de xulloRealización das probas
extraordinarias ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Informática
Alumnado aspirante

Premios extraordinarios de Bacharelato

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO PARA O PRESENTE CURSO

     O pasado 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo pola que se convocan os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2018/19. O artigo 4 desta orde especifica o prazo de presentación de solicitudes entre o día 29 de abril e o 28 de maio. As solicitudes deberán entregarse en algún dos rexistros oficiais indicados na Orde preferentemente a través da Sede electrónica.
     A data das probas para a obtención do Premio extraordinario serán o día 27 de xuño.

 

PRESENTACIÓN NO IES ELVIÑA. CURSO 2018/19

 ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE
(Curso 2018/19)

As clases comezan o luns día 17 de setembro. A presentación do alumnado cos titores realizarase de xeito escalonado:

1º ESO

Recepción do alumnado de 1º de ESO no salón de actos ás 10:30.
Presentación do alumnado de 1º ESO cos titores nas súas aulas ata ás 12:10 aproximadamente.

RESTO DOS CURSOS DE ESO

Recepción do alumnado polos titores nas súas aulas a partir das 10:45.
Presentación do alumnado ata ás 12:10 aproximadamente.

BACHARELATO

Recepción do alumnado do Bacharelato polos titores a partir das 12:30 horas.
Presentación do alumnado de Bacharelato nas súas aulas ata as 13:20 horas aproximadamente.

TRANSPORTE ESCOLAR

En principio, haberá transporte escolar normal coas paradas habituais para o alumnado de ESO que o solicitou. Estamos pendentes de confirmación das prazas por parte do servizo de transporte da Consellería de Educación.

PRAZO ABERTO PARA A SOLICITUDE DE BECAS DE BACHARELATO (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)

Está aberto o prazo para a solicitude das Becas do Ministerio de Educación. A solicitude debe facerse informáticamente no seguinte enlace (Becas de Bacharelato, MEC). O prazo estará aberto ata o día 17 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut