Skip to Content

Linguas clásicas

Antígona

O grupo de teatro da E.O.I. da Coruña representou no Centro a Antígona de Anouilh. A sinxeleza da posta en escena, a profundidade da trama, a entrega dos actores e a atención do noso público (alumnado de francés e de linguas clásicas) fixeron unha boa mestura. O entusiasmo foi xeral.

Este é o cartel da obra; foi deseñado polo propio grupo de teatro:

Olladas de papel sobre Roma e Grecia

Con motivo do aniversario da Fundación de Roma o 21 de abril do 753 a.C. o grupo de Cultura Clásica preparou unha exposición con maquetas de papel sobre o mundo grecolatino.

 

Se queredes vela mellor podedes ir a este enlace.

O alumnado de 4º de Latín e Cultura Clásica visita o Castro de Elviña

O 25 de marzo de 2015 os alumnos e alumnas de Latín e Cultura Clásica de 4º tiveron ocasión de estudar a cultura castrexa e romana "in situ" no Castro de Elviña, moi preto do Centro no que estudan. Dama e Aroha confeccionaron este vídeo ilustrativo:

Omnia vincit amor

Seguindo coa temática do amor como forza motriz do mundo (que moveu o concurso Odisea 2015) os alumnos e alumnas de Latín e Cultura Clásica de 4º quixeron iluminar o soto do Instituto con frases relativas ao tema. E fixérono con moito entusiasmo:

 

 

Viaxe das alumnas de Humanidades a Madrid

As alumnas de segundo de Bacharelato de Humanidades viaxaron a Madrid os días 16, 17 e 18 de decembro. Asistiron a un musical (o Rei León), contemplaron os frescos de San Antonio de la Florida, entraron no templo de Debod (de raíces exipcias e romanas), admiraron os marabillosos cadros mitolóxicos de Velázquez, Goya, Rubens e Tiziano no Prado, visitaron a Biblioteca Nacional (aínda que non nos deixaron entrar nas salas dos libros) e pasearon polo Madrid preNadal. Ah! Tamén visitaron Segovia e o seu acueducto. En suma: un bo xeito de rematar o ano.

 

 

Aquí neste enlace, temos unha panorámica da mitoloxía na Pinacoteca nacional:

Distribuir contido


by Dr. Radut