Skip to Content

Linguas clásicas

Datos prácticos para as PAU

Esta presentación ten como obxectico aportar datos concretos para as probas de acceso. Se tedes dúbidas falade con Orientación, Secretaría ou a profesora acompañante. Moita sorte!

Algunhas recomendacións para as PAU...

Poderedes ler algúns consellos para a preparación das PAU neste enlace. E tranquiliños: en prazas peores toreastes...

Festival de teatro grecolatino de Lugo 2014

O martes 25 de marzo os rapaces dos Institutos de Elviña e Carballo (Parga Pondal) asistiron conxuntamente ás representacións de dúas comedias de Plauto realizadas en Lugo nas xornadas de teatro grecolatino deste ano 2014.

Alumnos e alumnas de Latín e Grego dos dous centros viviron unha xornada de convivencia e disfrutaron da magnífica posta en escena de Cásina e Amphitruo de Plauto levada a cabo polo grupo coruñés Noite Bohemia. Houbo un regalo extra: o reencontro cun antigo profesor moi apreciado polos alumnos de Elviña e un peso pesado no mundo do teatro escolar clásico.

Quedamos todos cun excelente sabor de boca e desexando repetir a experiencia en anos vindeiros. 

Deixamos algunha proba gráfica da xornada:

  

 

 

Sabías que...

No departamento de Latín e Grego empezamos o concurso “Sabías que” centrado en cuestións referentes ás pegadas que deixaron na nosa cultura as civilizacións da Grecia e da Roma clásicas. O devandito concurso forma parte dun proxecto inter centros (IES Parga Pondal, IES Urbano Lugrís e IES Elviña) e  ten o obxectivo de “prodesse et delectare”. Esperemos que os nosos alumnos, unha vez trasladados por Caronte, saiban eludir ao Can Cerbeiro e cheguen aos Campos Elíseos do coñecemento.


(Fotografía do Dr. Michael C. Scott)

As cuestións poderedes atopalas nesta dirección da nosa wiki…

Concurso Odisea 2014

Os alumnos e alumnas de latín e grego do IES Elviña participaron no Concurso On Line Odisea, organizado pola Sociedade Española de Estudios Clásicos. Este ano a edición estaba adicada ao Teatro en Grecia e Roma; os concursantes investigaron sobre aspectos mitolóxicos, sociais, institucionais e literarios da traxedia e a comedia antigas. Loitaron, disfrutaron e aprenderon:

Non conseguimos a coroa de oliveira dos vencedores pero quedamos nuns postos máis que honorables. Desde aquí mandamos os nosos parabéns a todos os navegantes: Fortuna audaces iuvat!

Distribuir contido


by Dr. Radut