Skip to Content

Videoconferencia: A ciencia da programación en ordenadores (tamén en galego)

Participa alumnado de 4º de ESO e 1º bacharelato de informática

Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. Páxina web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/

Sinopse: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.

Destinatarios: Alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h.



page | by Dr. Radut