DATAS DE MATRICULACIÓN
(CURSO 2023-2024)
Debido ao elevado número de alumnos que haberá no centro o vindeiro curso, co fin de facilitar a xestión do procedemento de matrícula, habilitaranse na secretaría do centro días de matriculación específicos para cada nivel. Son os que se reflicten neste cadro.
DATAS | NIVEL |
23, 26 e 27 de xuño | 1º ESO e 2º BACHARELATO |
28, 29 e 30 de xuño | 2º ESO e 1º BACHARELATO |
3, 4 e 5 de xullo | 3º e 4º ESO |
6 e 7 de xullo | TODOS OS NIVEIS |
ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRICULADO NO CENTRO: A documentación de matrícula será entregada ao alumnado xunto coas cualificacións finais.
ALUMNADO QUE SE MATRICULA NO CENTRO POR PRIMEIRA VEZ: O alumnado novo no centro (1º ESO) poderá recoller a carpetiña de matrícula na secretaría do centro a partir do día 22 de xuño.