Skip to Content

DÍA DE EUROPA 2023

 

001

XINCANA DE CELEBRACIÓN
DO DÍA DE EUROPA NO IESP ELVIÑA

   O pasado día 9 de maio foi o Día de Europa. Como xa é costume, desde a equipa de Internacionalización organizouse una serie de actividades lúdicas cos rapaces de 1º ESO. Apoiados por compañeiros de 4º ESO, participaron nun conxunto de probas nas que se lles plantexou a resolución de varios enigmas relacionados con moi distintos  aspectos culturais, lingüísticos e xeográficos dos diferentes países que compoñen a Unión Europea.

    As probas consistiron nun kahoot en varios idiomas sobre a Unión Europea, a realización da estrutura máis alta posible empregando materiais de refugallo, o emparellamento de metades de refráns en diferentes linguas da Unión, un circuito de probas físicas e, por último, a confección de puzzles de capitais, países e bandeiras dos países membros.

    Honramos deste xeito o espírito de concordia entre os diferentes países e culturas europeas no marco das institucións que constitúen o marco de convivencia democrático ao que pertencemos, facendo honor tamén ao noso lema fundacional: "Derrubando muros" desde o proxecto que o Equipo de Internacionalización leva desenvolvendo ata o día de hoxe desde a súa formación no ano 2019.


    Ficamos orgullosos dos froitos do traballo realizado ata agora, o que sen dúbida proporcionaranos o pulo necesario para desenvolver novas actividades no curso 23-24.

 
 
 

Como premio, cada alumna e alumno de 1°E de ESO, grupo gañador da gymkana,  recibiu de mans da Vicedirectora e a Coordinadora de Internacionalización unha bolsa co logo do noso proxecto Erasmus KA101 "Derrubando muros" que ten como finalidade internacionalizar o centro e levar a cabo unha aprendizaxe fóra da aula convencional.

000009


page | by Dr. Radut