VISITA DE ALUMNADO ITALIANO
(5 de maio de 2022)
No marco do Proxecto de Internacionalización que os docentes do IES Elviña estamos a desenvolver para potenciar a imaxe exterior do noso centro e convertelo nun punto de referencia educativo a nivel europeo, foi un orgullo para nós recibir a visita dos nosos colegas do ITE Foiano Della Chiana e do ISTITUTO Comprensivo Statale Francesco Morosini, dous centros de estudos situados respectivamente na Toscana e na cidade de Venecia.
Estes colegas estiveron connosco durante dous días observando o noso xeito de traballar, unha representación dos seus alumnos tivo a oportunidade de interactuar cos nosos nunha xornada chea de emoción para eles. Neste intercambio, os seus rapaces explicáronnos os eixos do seu proxecto Erasmus +, así coma o conxunto de actividades que estaban a desenvolver na cidade da Coruña, mentres que os nosos tiveron a oportunidade de explicarlles o proxecto baseado na sostenibilidade no que levan meses traballando, realizando tamén unha visita guiada pola exposición de carteis en varios idiomas que foron colocados no porche do instituto e que plasman as conclusións do noso proxecto.
A celebración do día internacional de Europa, 9 de maio, tivo tamén un lugar especial na visita, conmemorándoo cunha actividade de Kahoot en varios idiomas sobre a Unión Europea.
A xornada finalizou coa actividade “Na procura da árbore perdida”, na que os alumnos debían entrar coa axuda dunha tablet no blogue do herbolario do noso instituto é apuntar a máxima información para localizar eses árbores no xardín botánico. Agasallamos a todos os rapaces e profesores acompañantes cun pequeno ágape composto de alimentos naturais e sostibles.
No IES Elviña estamos convencidos de que esta xornada foi inesquecible para eles e seguiremos a traballar por mais actividades coma esta.