Skip to Content

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS PARA ALUMNADO DE ESO

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021.

O prazo de solicitude e matrícula rematará o vindeiro 6 de xullo. A matrícula poderá realizarse presentando solicitude e adxuntando a documentación requerida en calquera rexistro oficial ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia se se dispón de Chave 365 ou de certificado electrónico (Sede electrónica da Xunta de Galicia procedemento ED311D). Na mesma sede electrónica pode atoparse toda a información necesaria sobre a convocatoria.

Os premios extraordinarios teñen unha contía de 800€ e poden acceder a eles todos os alumnos e alumnas que cursan 4º ESO que obtiveran unha media en toda a ESO superior aos 9 puntos. O alumnado solicitante deberá presentarse a unha proba de coñecementos no mes de setembro.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre deberán subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante.



page | by Dr. Radut