Skip to Content

PRESENTACIÓN DE GRUPOS (3). 4º ESO

 VENRES 25 de SETEMBRO

DÍA DE PRESENTACIÓN

4º de ESO

GRUPOS DE 4º ESO:

4º ESO A: Alumnado matriculado en Mats. académicas + Bioloxía (sen Ed. Plástica Visual)
4º ESO B: Alumnado matriculado en Mats. académicas + Economía
4º ESO C: Alumnado matriculado en Mats. aplicadas
4º ESO C: Alumnado matriculado en Mats. académicas + Bioloxía (con Ed. Plástica Visual)

Para realizar a presentación do primeiro día en 3º de ESO e 2º BACH. se atenderá ao seguinte procedemento:

 

I. AVISOS DE SEGURIDADE

1. O alumnado DEBERÁ ACCEDER A PÉ E UNICAMENTE POLA CANCELA DA RÚA ALEXANDER VON HUMBOLDT (fronte ao Bar Paradiñas).

2. O acceso ao aparcadoiro das familias e dos vehículos alleos aos centros de ensino NON ESTARÁ PERMITIDO

3. O acceso pola porta central do aparcadoiro É EXCLUSIVO PARA ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP ALBORADA E NON PODERÁ SER UTILIZADO EN NINGÚN CASO

 

II. ENTRADA DO ALUMNADO

1. Segundo sexa a hora de entrada correspondente a cada nivel convocado, abrirase a cancela de entrada para que os grupos vaian pasando ao porche do centro.

2. O alumnado entrará ordeadamente pola cancela da Rúa Alexander von Humboldt, unha vez que se abra, á zona do porche que lle estará reservada, colocándose en fila no espazo reservado para o seu grupo (as zonas estarán indicadas cun cartel e co/a profesor/a titor/a de cada grupo presente para controlar o espazo)

3. Unha vez que sexa a hora de entrada (11:30), os grupos irán pasando ao interior do edificio pola porta que lles estará asignada durante todo o curso:

a) 4º ESO A e B: porta de cristal frontal dereita do edificio e escaleiras da sala de profesores

b) 4º ESO C: cancela lateral do edificio de acceso ao soto (xunta a verxa de entrada, polo lateral do edificio)

3. IMPORTANTE: Por razóns de seguridade, a cancela de entrada estará pechada ata a hora de entrada dos grupos e se pechará unha vez que todo o alumnado acceda ao edificio. O alumnado que chegue tarde, non poderá incorporarse á presentación.

4. O alumnado debe traer material de escritura (boli, libreta) e dúas mascarillas (unha posta e outra de reposto)

 --------------------------------------------------------------------------------------

 

PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA OS DÍAS 24 e 25 DE SETEMBRO

 

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE DA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE:


O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É
O HORARIO APROXIMADO QUE NOS COMUNICA A COMPAÑÍA DE TRANSPORTE: NON
PODEMOS SER MÁIS PRECISOS

RECOMÉNDASE ESTAR CON ANTELACIÓN NAS PARADAS

1. O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar

2. O alumnado debe utilizar exclusivamente a parada que solicitou no momento de matricularse

*        *       *

 4º ESO. Entrada ás 11:30 horas

LIÑA. AUTOS ORÓNS
PARADASENTRADA/SAÍDA
  Urbanización Breogán, 3
10:45
  Feáns 55/56
10:45
  Feáns cruce cemeterio
10:45
  Rúa Fragas do Eume, 20
10:50
  Rúa Ribeira Sacra, 12
10:50
  Rúa Ribeira Sacra, 3
10:50
  Novo Mesoiro, 30
10:50
  Novo Mesoiro, 1010:50
  Ponte Martinete11:10


page | by Dr. Radut