CURSO DE PARENTALIDADE POSITIVA NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DE MONELOS
Ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para un Curso de parentalidade positiva organizado desde o Centro cívico municipal de Monelos. O obradoiro está dirixido a pais, nais, representantes legais, nenos e nenas interersados. Desenvolverase os xoves entre o 6 de febreiro e o 30 de abril e se traballarán estratexias educativas que melloren o clima de convivencia dentro da familia.
Os interesados deben inscribirse enviando un email cos seus datos (nome, apelidos, teléfono) á dirección ccmonelos@coruna.es.