Como todos os anos por estas datas, o Servizo de Educación do Concello da Coruña fai pública a convocatoria de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato nos Estados Unidos de América no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria foron publicadas no BOP do 8 de novembro pasado onde poden ser consultadas e descargadas o mesmo que na páxina de Programas educativos do Concello. As solicitudes poderán presentarse a partires do 18 de novembro e ata o 10 de decembro. Os requisitos: estar empadroado na provincia da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6,5 puntos e de 7 na materia de inglés. Pódese descargar o tríptico informativo clicando no mapa dos USA (Just below!).