A FACULTADE DE ENXEÑERÍA DA UDC NO IES ELVIÑA
Alumnado do mestrado da Facultade de Enxeñería de Camiños da Universidade da Coruña pasou no mes de maio polo noso centro para impartir unha serie de interesantísimos obradoiros técnicos aos rapaces e rapazas de académicas de 3º e 4º de ESO do noso centro por iniciativa do Departamento de matemáticas.
Ademais dos aspectos teóricos da enxeñería, os monitores trouxeron varios experimentos destinados a explicar ao alumnado as aplicacións prácticas dos coñecementos matemáticos e científicos que traballan diariamente no currículo das materias de matemáticas e física.
Exitosa iniciativa do Departamento de mates!
Ogallá se repita!