Visita ás instalacións de Pull & Bear en Narón
O venres 22 de marzo o alumnado de Economía de 4º ESO e Bacharelato visitou a sede central e as instalacións de Pull & Bear en Narón, unha das máis coñecidas franquicias do emporio Inditex.
En primeiro lugar puideron ver como se desenvolven as operacións de loxística nos almacéns, recibindo 8 millóns de prendas ao ano confeizoadas noutros países, que despois son enviadas ás case 1000 tendas que Pull & Bear ten espalladas por 47 países, ademais das vendas online.
E despois visitaron a súa sede central, puidendo observar todos e cada un dos departamentos da empresa: as tendas piloto, o merchandising, os e as modelos "posando" para o catálogo web, deseño, patronaxe, informática, country-managers, etc. En fin, unha clase práctica de sabia e exitosa organización comercial. Moito aprenderían os rapaces!
Por certo, como de costume, o alumnado de Elviña deu exemplo de urbanidade (mandáronse felicitacións por escrito ao correo do centro polo seu comportamento e interese durante a visita). Que non se diga!