Noraboa, Malena!
A selección española de fútbol feminino sub-19 ven de se coroar campioa de Europa nunha fazaña longamente cantada pola prensa deportiva e non deportiva do país. Entre as gañadoras, que ben merecerían máis a miúdo aplauso e cabeceiras de xornais (pois o fútbol non é só cousa de homes, por máis que os meios de comunicación parezan de cotío supoñelo), atópase a nosa alumna de 1º de Bacharelato Malena Mieres. Pódese supoñer que a súa profe de Educación física estará a babexar da fachenda, como todos nesta grande familia do insti. Parabéns, Malena! O teu éxito e o das túas compañeiras é o éxito das mulleres deportistas españolas. Desde o IES Elviña, unha aperta para ti e para todo o equipo.
E agora a desfrutar da victoria e do mes de agosto, que son "vacas" e vai calor!
A victoria e Malena na prensa
A prensa nacional fíxose eco da victoria en numerosas reportaxes velaquí enlaces con algunhas: El País, El Mundo, Diario As, Marca, Mundo deportivo...
En La Voz de Galicia publícase nota de prensa sobre as futbolistas galegas da selección coa foto de Malena e Tere Abelleira do noso encabezado. Tamén entrevista con Tere Abelleira e foto das dúas compañeiras na edición do 1 de Agosto.